CRTVG

Buscar

Os hospitais galegos contan cun protocolo de actuación por se aparece algún caso de listeriose

Publicado o 23/08/2019 21:05

• O Sergas remitiulles aos centros sanitarios un documento cos pasos a seguir

• Nova morte por listeriose en Andalucía

Malia que non hai constancia de que a carne contaminada chegara a Galicia, o Sergas envioulle aos xerentes dos centros de saúde e dos hospitais galegos un protocolo de actuación por se aparece algún caso de listeriose. O risco está presente porque pode haber persoas en Galicia que compraran ou consumiran a carne noutras comunidades. Ata 70 días despois do consumo poden aparecer síntomas de listeria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019