CRTVG

Buscar

O Sergas agarda que as citas presenciais, activadas xa, sexan o 60 % a finais de ano

Publicado o 16/09/2021 15:33

Dende esta mañá tamén podemos pedir cita presencial dende a casa, a través da web ou da aplicación móbil do Sergas, e tamén chamando por teléfono. Na rúa, a maioría dos cidadáns seguen preferindo a consulta física. 

Con todo, a cita telefónica non vai desaparecer. Seguirá empregándose para poder axilizar algunhas consultas básicas. Francisco Represas, membro da Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria do Sergas, explica que a cita telefónica "achega moito valor". "Alguén que vai pedir receitas ou solicitar unha ambulancia, isto preferentemente, pódese resolver por cita telefónica", sinala Represas. 

O que máis valoran os pacientes é poder decidir que tipo de consulta queren. O obxectivo do Sergas é que a finais de ano o 60% dos pacientes sexan atendidos de forma presencial.

Noticias web

16/09/2021