CRTVG

Buscar

Será Loli capaz de tocar a ra musgo que trouxo Octavio Villazala?

Publicado o 11/01/2019 14:10

Momento dos animais. E momento, pois, de Octavio Villazala. Hoxe tráenos:

- Unha ra musgo, que pasa totalmente camuflada no medio do musgo. É de pel rugosa e con ollos tamén de cor de musgo. Así mimetízase coas plantas. Cando se sente ameazada fai a morta e cérrase como un ourizo como mecanismo de defensa.

- Tráenos tamén un can fantástico, mestura de cans de caza. Está buscando unha familia porque a súa dona tivo que marchar a unha residencia de maiores. Gústalle xogar e estar no campo e tamén estar no sofá ao quentiño. Chámase Soda.

Ademais, grazas a todos os revisteiros que chamaron para adoptar a Caruncho, que xa está moi feliz na súa nova casa.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019