Seoane: "Parecía que os que tiñamos un menos eramos nós. Non pode volver a pasar"
Publicado o 28/11/2020 09:58
O veterano centrocampista do Lugo, Fernando Seoane, rematou o partido moi contrariado. O equipo tiña os tres puntos no peto cun 0-2 e viu como o Málaga empataba nos últimos vinte minutos cando xogaba en inferioridade. "Parecía que os que tiñamos un menos eramos nós. Non pode volver a pasar", dixo o de Ames.