Seoane: "A salvación para o Lugo é como gañar a Champions"
Publicado o 23/09/2021 15:49
Este Lugo é o segundo equipo máis goleado da categoría. Recibiu 9 tantos en 6 xornadas. Só unha vez deixou a súa portería a cero.
"Non creo que sexa un problema de que o equipo defenda mal. Máis ben de descoidos ou perdas de concentración que nos custan puntos".
Doce temporadas na Segunda. Quinto xogador con máis partidos na clasificación histórica da categoría. E como apenas levamos mes e medio de competición, avisa.
"Sacar conclusións agora é moi precipitado, isto é unha carreira de resistencia".
Unha carreira cun único obxectivo moi claro: a permanencia.
"Sería para nós como gañar a Champions, como un título".
Ten moito menos protagonismo. Só unha vez foi titular esta temporada. Pero en Lugo é o líder.