CRTVG

Buscar

A xustiza europea abre a porta a que se declaren abusivas milleiros de hipotecas

Publicado o 10/09/2019 10:31

O avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Maciej Szpunar, declarou este martes que o índice de referencia de préstamos hipotecarios (IRPH) non é un índice transparente polo mero feito de ser oficial e, polo tanto, os xuíces poden estudar se é abusivo ou non.

O letrado polaco contradí así a doutrina do Tribunal Supremo, que o avalou en 2017 e declarou que a referenciación dunha hipoteca a un tipo oficial como o IRPH non implica falta de transparencia nin abusividade.

Trátase dunhas conclusións que non son vinculantes para a futura sentenza, pero na maioría dos casos o ditame dos xuíces adoita seguir a dirección marcada polos avogados xerais.

A sentenza definitiva espérase para o primeiro trimestre do próximo ano. En concreto, Szpunar afirmou que unha cláusula contractual que fixa un tipo de interese tomando como referencia un dos seis índices oficiais legais que poden ser aplicados polos bancos ás hipotecas con tipo variable "non está excluída do ámbito de aplicación da directiva".

O IBEX 35, en vermello, lastrado polos bancos

E a primeira consecuencia, tras coñececer a opinión do avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, foi o descenso da bolsa. O IBEX 35, lastrado polos bancos, perdeu a cota dos 9.000 puntos. Bankia, Caixabank e Sabadell son os que máis perderon, máis do 2,5%. Outros, como Santander, BBVA e Bankinter aguantaron en positivo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019