CRTVG

Buscar

Sentenza contra o Concello da Coruña por vulnerar o dereito á participación de Marea Atlántica

Publicado o 30/08/2021 21:49
Sentenza contra o Concello da Coruña por vulnerar o dereito á participación de Marea Atlántica

O Concello da Coruña foi condenado por vulnerar o dereito fundamental dos concelleiros da Marea Atlántica á participación en asuntos públicos.

Un xulgado do Contencioso Administrativo admitiu a demanda interposta por este grupo político tras o pleno do 24 de febreiro. Ese día, a alcaldesa, Inés Rey, rexeitou as peticións para que se admitisen a debate as súas emendas para ampliar os convenios coas entidades sociais, culturais e deportivas.

A rexedora argumentou que as modificacións poderían interferir en gastos orzamentarios. A maxistrada obriga agora a repoñer este dereito ás demandantes.

Noticias web

30/08/2021