Sentan en cadeira de rodas políticos de Fene para que saiban das dificultades das barreiras arquitectónicas
A campaña 'Senta e sente' da asociación sociocultural ASCM fixo sentar en cadeira de rodas tres corporacións municipais da Ferrolterra, nesta Semana Europea da Mobilidade. Esta mañá tocou en Fene. Queren involucrar os políticos e que mellor que coñezan en primeira persoa as barreiras que atopan decote as persoas con diversidade funcional.
"Que entendan que si que é difícil de superar e danse conta de que o que pedimos ten un porque.
As aceiras non cumpren obxectivos de cota cero, atopamos moitos obstáculos, irregularidades, mobiliario non adaptado como os colectores de lixo ou os caixeiros. Cando aparcas enriba de aceira impides paso, os coches enriba do paso, da aceira, son moitos detalliños que non fas con maldade", di Paula Gárate, presidenta da Asociación Sociocultural ASCM.
Son barreiras que sofre día tras día aorredor do 3 por cento da cidadanía galega, sen contar a mobilidade reducida das persoas maiores, cada vez máis numerosas nunha Galicia moi envellecida, ou nos atrancos puntuais que todos podemos padecer algunha vez como unha escaiola ou un carro de bebé.
Para as asociacións implicadas cmo ASCM, traballar na accesibilidade universal, para toda a cidadanía, é fundamental e as escaleiras deberían estar en extinción.