CRTVG

Buscar

Sentada dos xogadores do Parrulo antes do empate contra El Pozo

Publicado o 13/03/2021 14:41

Mentres, o Rácing volverá esta tarde aos adestramentos. Xa se verás con cantos efectivos. E en fútbol sala, hoxe veremos as cinco na G dúas o derbi feminino entre o Ourense Envíalia e o Cidade das Burgas. E este mediodía o Parrulo xogou na difícil cancha do El Pozo de Murcia no día da estrea do seu novo técnico Maca.
Foi unha estrea con reivindicación do equipo ferrolán. No inicio do partido, os xogadores do Parrulo sentáronse durante trinta segundos en sinal de protesta pola proposta de sanción de catro partidos a Iago Rodríguez por un chío de hai dous meses sobre a obrigatoriade por parte dos árbitros de xogar en Xaén cando o equipo local tiña xogadores con positivos. De fondo, o conflicto entre Liga e Federación. El Pozo respectou a protesta e mesmo o público aplaudíu aos do Parrulo. Logo, no encontro, Iago Rodríguez reivindicouse marcando dous goles no que foi o sorprendente empate do Parrulo na pista do El Pozo. Kevin Chis, a un minuto do final, logrou o definitivo 4-4. No último segundo, o El Pozo enviou o balón ao poste e estivo a piques de malograr o bo partido dos galegos.

Noticias web

13/03/2021