CRTVG

Buscar

O Rosalía de Castro queda sen voos directos entre Santiago e Madrid

Publicado o 15/04/2020 16:04

Os efectos da crise sanitaria fanse notar no tráfico aéreo. Hai moitas cancelacións de rutas. Agora tocoulle á que une Santiago con Madrid. Xa non hai voos directos dende A Lavacolla á capital de España

Iberia Express acaba de cancelar os seus voos entre estas dúas cidades. En principio a compañia fala dun cese temporal ata o 16 de maio. Isto súmase á supresión desta mesma ruta que xa anunciaba hai uns días Ryanair, polo que viaxar directamente a Madrid dende Santiago é nestes momentos imposible.

A baixada da demanda de voos que se estima para este mes é dun 90 por cento e as principais operadoras internacionais cesaron completamente a súa actividade neste aeroporto da Lavacolla.

 

Noticias web

15/04/2020