CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Sen rastro do submarino arxentino desaparecido hai oito días nas augas do Atlántico sur

Publicado o 23/11/2017 15:09
Na Arxentina continúa o operativo de busca do submarino desaparecido hai xa 8 días e, ante a falta de pistas certeiras sobre o seu paradoiro, a angustia aumenta no país. Aquí na Argentina vívense arestora intres de moitísima angustia pola desaparición ARA San Juan en aguas do Atlántico Sur con 44 tripulantes a bordo. Xa vai máis dunha semana dende que se establecera o último contacto co navío e as reservas de osíxeno poderían estar nun punto crítico. A pesar de todo, ninguén quere perder a esperanza. A Armada arxentina no seu último comunicado confirmou que están a seguir un novo indicio, trátase dunha anomalía hidroacústica, é dicir, un ruído detectado preto da derradeira área coñecida do submarino, que deberán analizar. Polo momento non se descarta ningunha hipótese. Mentres, continúa a chegar axuda internacional procedente de máis dunha decena de países para un operativo de busca no que as condicións meteorolóxicas son clave. O hospital máis próximo á zona de rastrexo xa se prepara para unha eventual recepción da tripulación. A medida que pasan as horas, o desánimo ábrese paso nas familias dos 44 tripulantes que leva o submarino ARA San Juan. Total familiar. A Armada admite que son momentos decisivos para a tripulación, supoñendo que lles fose imposible renovar o osíxeno da nave. Total voceiro Armada.. Esta noite lanzouse unha grande operación para dar co submarino e máis de medio cento de barcos e avións emprenderon unha nova busca na que era a súa ruta de regreso á base de Mar del Plata. O motivo é un ruído que se detectou o mesmo día en que desapareceu e do que só informaron onte, despois de moitas análises centralizadas nos Estados Unidos. De momomento, non hai certeza de que fose unha explosión. Total voceiro Armada. As autoridades informarán hoxe sobre este ultimo ruído que se produciu tres horas e media despois de que o comandante do submarino establecera a última comunicación por satélite.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí