CRTVG

Buscar

Sen rastro do pesqueiro gaditano desaparecido en augas marroquís

Publicado o 25/01/2020 20:11

O mal tempo está dificultando a busca do pesqueiro gaditano desaparecido con seis tripulantes a bordo en augas marroquís e do que non hai rastro.

Medios aéreos e marítimos, tanto de España coma de Marrocos, colaboran nas tarefas de busca do Rúa Mar, que ten porto de base en Barbate. Onte recollíase a radiobaliza do buque desaparecido, e confirmábase que esta se activara de maneira automática, xa que mantiña intacto o selo que se rompe cando a activación é manual. Este sinal de alarma activouse na madrugada do xoves, cando o barco estaba a 28 millas da costa de Marrocos.

A principal hipótese é que sufriu un accidente e afundiuse, aínda que non apareceron restos de naufraxio.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020