CRTVG

Buscar

Sen rastro do pescador que caeu ao mar na praia do Baleo, en Valdoviño

Publicado o 01/07/2020 14:56

En Valdoviño continúa a busca do pescador que caeu ao mar na praia do Baleo. 

Desde primeira hora da mañá, e por segundo día, efectivos de Policía Local, Garda Civil e Protección Civil están a rastrexar a zona da costa nos arredores da praia do Baleo. Este mércores as tarefas de busca ampliáronse á comprendida entre a praia de Pantín e a de Vilarrube.

O mal tempo na zona nas primeiras horas deste mércores, con brétemas e visibilidade reducida, dificultou a busca desde o mar e tamén desde o aire, aínda que helicóptero Helimer puido incorporarse ao dispositvo á media mañá.

Seguindo en todo momento os labores de busca está tamén o compañeiro do pescador desaparecido, moi afectado polo sucedido. Foi el quen alertou de que caera ao mar e nun primeiro momento mesmo se tirou á auga para tentar rescatalo, sen éxito. Segundo os seus achegados, os dous homes, de orixe asturiana, adoitaban acudir xuntos pescar á zona de rochas da praia do Baleo. Veciños do lugar confirman que esta é unha zona frecuentada por pescadores. 

Esta tarde continuarán as tarefas de rastrexo.

 

Noticias web

01/07/2020