CRTVG

Buscar

Sen pistas tras catro meses da desaparición de Xosé Lamas en Carballo

Publicado o 21/04/2017 12:46

O veciño de 81 anos falta da súa casa desde as vésperas do Nadal

Amadeo Lamas pide axuda, unha vez máis, para atopar o seu irmán máis vello, Xosé, de 81 anos. Non sabe nada del desde que, hai xa catro meses, faltou da súa casa de Espanadeira, no concello de Carballo. 

Na busca participaron efectivos da Garda Civil, a Policía Xudicial, Protección Civil, a Policía Local, ducias de veciños e mesmo cazadores que rastrexaron os montes da zona. Pero non atoparon ningún indicio.

A última vez que o viron foi nesta parada de autobús, a cincuenta metros da súa casa. Catro meses despois, a familia non conta con recuperalo con vida.

Xosé ten muller e unha filla que tamén piden axuda para dar con el.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017