Sen peregrinos, os comerciantes da zona vella de Santiago están ao límite
A praza do Obradoiro quere volver a encherse de peregrinos. Os mesmos camiñantes polos que agardan as tendas da zona histórica.
E sen peregrinos e turistas, as contas non cadran. A responsable dun establecemento de venda de recordos di que non ingresan "nin o 10% dun ano normal". Moitas tendas pasan días sen recibir nin un só cliente. "Levamos aquí dende as dez da mañá e non veu ningúen", di outra comerciante.
E non só están ao límite as tendas de recordos. A crise esténdese por todo a parte histórica da cidade. Un exemplo, o dunha das pastelerías máis emblemáticas da zona que veu caer a venda de tortas de Santiago.
Na zona monumental de Santiago unha trintena de tendas tiveron que pechar. José Manuel Bello, Presidente de Compostela Monumental, explica que unha tenda dedicada ao turismo perdeu arredor dun 80 %.
O sector agarda que as vendas melloren no verán e que a prórroga do Xacobeo no 2022 lles permita coller osíxeno.