CRTVG

Buscar

Os socialistas estudan permitir que sexa alcalde o candidato de Democracia Ourensana

Publicado o 13/06/2019 09:51

Os pactos no concello de Ourense seguen no aire. Os socialistas galegos estudan permitir que sexa alcalde o candidato de Democracia Ourensana, sendo a terceira forza en votos no Concello.

Contactos contra o reloxo para acadar un pacto de goberno en Ourense. Sobre a mesa, nunha das últimas xuntanzas entre PSOE e Democracia Ourensana, repartirse a alcaldía dous anos cada un a cambio da Deputación, pero Jácome quere ser alcalde 4 anos. No PSdeG aínda non teñen nada decidido. 

Dende o PP, Xesús Vázquez, insiste en que asumirá o que decida o partido. O pleno de constitución celebrarase o sábado ás 10 da mañá.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019