Sen Nadal, sen Entroido, sen Semana Santa... o impacto da covid-19
Publicado o 14/02/2021 16:33
Avanzan os meses, pasamos un Entroido máis sen poder celebralo coma sempre, adaptándoo á pandemia, faremos o propio coa Semana Santa. Pero non podemos esquecer que, detrás das cifras ás que estamos tan atentos para comprobar como evoluciona o impacto da covid-19, segue habendo persoas e familias que se enfrontan a momentos moi duros.
Así o viviu Montse Bermúdez no Nadal, e sobre todo a súa familia, cando ela estivo na UCI sedada.