CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Sen identificar as dúas persoas calcinadas nun accidente

Publicado o 06/10/2017 15:03

Dúas persoas faleceron carbonizadas dentro dun vehículo tras incendiarse ao saír da vía en Guadalix de la Sierra, en Madrid. A Garda Civil traballa para identificar as dúas persoas, das que non se puido determinar ningunha característica física.

As dúas persoas morreron queimadas. Todo apunta a que foi ao saírse da vía o vehículo no que viaxaban e chocar contra unha árbore, causando o incendio do vehículo e de vexetación na zona.

A Garda Civil de Tráfico trata de esclarecer quen son as vítimas e as circunstancias do accidente. Este produciuse nunha recta con boa visibilidade. As primeiras investigacións apuntan a que o vehículo puido chocar cunha varanda e saír despedido.

Cando os Bombeiros chegaron ao lugar do incendio, comprobaron que o lume estaba causado polo turismo, e procederon a apagar primeiro as chamas do vehículo por se había alguén no seu interior.

Enviaron ao lugar catro dotacións de Bombeiros, que extinguiron o lume, e os sanitarios do Summa comprobaron que había dous ocupantes totalmente carbonizados. Non se puido saber nin a súa identidade nin o sexo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí