CRTVG

Buscar

Sen goles e espectáculo entre o Huesca e o Vilarreal (0-0)

Publicado o 23/01/2021 19:12

E no Alcoraz empate sen goles entre o Huesca e o Vilarreal. Poucas ocasións e escaso espectáculo. Ata o punto de que o máis salientable foi esta rabona de Carlos Bacca. E non valía porque estaba en fóra de xogo. Polo demais, poucas ideas e achegamentos illados ás dúas porterías. Moi Gómez para os visitantes e Ontiveros para os locais gozaron das mellores opcións. O cero a cero final deixa o Huesca de Pacheta afundido no último posto a cinco puntos da salvación. O Vilarreal é o quinto con 34 puntos.

Noticias web

23/01/2021

Máis sobre actualidade