CRTVG

Buscar

Sen Entroido, este ano as costureiras de Xinzo de Limia perderon o 80 % do seu negocio

Publicado o 03/02/2021 20:10

Sen Entroido este ano, Rosi, que leva 37 anos cosendo en Xinzo, tivo que cambiar os disfraces pola confección de máscaras. A falta de traballo estalles a provocar grandes perdas ás costureiras.

No caso de Isabel tivo algún encargo de disfraces para escolares, pero nada que ver co volume doutros anos.

Sen a festa das festas os disfraces e o traxe das Pantallas en Xinzo terán que quedar colgados ata o vindeiro Entroido.

Noticias web

03/02/2021