CRTVG

Buscar

Sen detencións un mes despois do crime da muller no Barco de Valdeorras

Publicado o 11/10/2021 10:38
Sen detencións un mes despois do crime da muller no Barco de Valdeorras

Cúmprese un mes do crime da muller de orixe paraguaia no Barco de Valdeorras sen que se producise ningunha detención. A investigación continúa aberta polo equipo de homicidios da Policía Xudicial da Garda Civil de Ourense. A contorna da moza, que levaba poucos meses residendo no Barco de Valdeorras, foi un dos primeiros focos de atención por parte dos axentes, pero un mes despois do crime non chegou a haber ningunha detención. A familia da muller sospeita que a asasinaron por cartos, aseguran que os avisou de que lles ía facer un xiro a Paraguai a través dunha persoa de confianza horas antes de producirse a súa morte.

A muller, de 29 anos, foi esganada, segundo se extraeu da autopsia, e tiña golpes por todo o corpo. Fontes da Garda Civil sinalan que todas as vías de investigación están abertas. Na Subdelegación do Goberno aseguran que non existía rexistro previo de denuncias de violencia de xénero.

Noticias web

11/10/2021