Sen desacougo non hai liderado
Gareth Bale e Fede Valverde como símbolos deste novo Madrid que perdoa indisciplinas e que rehabilita a xogadores desafiuzados. E gol de Benzema. Minuto 2. Todo saía a pedir de boca cando Fede Valverde, o mellor do encontro, rouba e asiste a Eden Hazar, que se estrea coa camiseta branca. Pero aínda había e hai marxe para a mellora.
Zinedine Zidane, adestrador do Real Madrid. "Eu quero máis porque nós somos perfeccionistas".
E grazas a lesión de Kross entrou Modric e grazas ao roubo de Valverde Hazard asiste para que o croata marque o gol da xornada...daquela o Granada parecía un equipo conquistado.
Diego Martínez, adestrador do Granada. "Cando estabamos na lona puidemos reaccionar".
Pero chegou o penalti inocente de Areolá sobre Carlos Fernández... pégalle Machís e gol...quedaban vinte minutos nos queVadillo non perdeu o tempo. Córner, prolonga Víctor Díaz e marca Domingos Duarte...quedaban quince minutos nos que o Madrid volveu estirarse... Odriozola, James e gol... 4-2, sen desacougo, era visto, non hai liderado.