CRTVG

Buscar

Controlado un pequeno incendio rexistrado na central das Pontes

Publicado o 18/09/2019 10:07
Controlado un pequeno incendio rexistrado na central das Pontes
Persoal de emerxencias controlou esta madrugada un incendio orixinado na central térmica de Endesa nas Pontes (A Coruña), que rematou sen "danos persoais nin ambientais".

A alerta por este suceso transcendeu arredor das 4:00 horas, cando traballadores da planta advertiron ao servizo público de emerxencias. Segundo o seu relato, "ardía maquinaria no parque de carbón", polo que pediron apoio de bombeiros. Deste xeito, mobilizouse ao parque contra incendios da vila, ademais da a Garda Civil, a Policía Local pontesa e Protección Civil. Ao mesmo tempo, requiriuse a axuda de integrantes da Consellería de Medio Ambiente e de Augas de Galicia, da Xunta de Galicia, e informouse ao 061 Galicia por se fose precisa a súa intervención.

O incendio quedou controlado ás 5:45 horas sen que supuxese "ningún perigo", segundo engadiu o departamento público. 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí