CRTVG

Buscar

Sen compartir obxectos e con limitacións: así son os recreos da covid-19

Publicado o 16/10/2020 15:26

Tras a chegada da covid-19, tocou reinventar os xogos nos recreos. Xa non se pode ter contacto físico. Tampouco xoguetes ou outros obxectos que anos atrás si se podían compartir. 

"Eu antes xogaba ao fútbol e agora xa non se pode", di unha alumna do colexio Santo Domingo da Coruña.

"Agora apreoveitamos as prazas da Cidade Vella para saír a xogar e que gocen", explica Emma Bouza, profesora do colexio Santo Domingo. 

Os máis pequenos teñen grupos burbullas, os alumnos dunha clase non poden mesturarse cos das outras. Teñen que levar máscara e deberán gardar as medidas de seguridade.

"Non podemos darnos apertas nin compartir...", manifesta unha alumna.

Aprenderon a xogar dun xeito diferente, pero moitos din que igual de divertido.

"Tivemos que aprenderlles unha morea de xogos tradicionais", explica Yoana González, profesora do colexio Santo Domingo.

"Agora xogamos ao pilla pilla, ás agachadas, pomba branca pomba negra...", di un estudante do centro.

Tamén á hora da merenda cambiaron as normas, malia isto ningún renuncia a ela.

Noticias web

16/10/2020