CRTVG

Buscar

Sen celebracións no Día dos Maiores

Publicado o 01/10/2020 20:57

Os maiores son persoas de plenos dereitos, curtidos por anos e anos de traballo e engurrados, sobre todo, pola dedicación e o amor aos seus

Non podemos desprotexelos, e menos cando o coronavirus está sendo especialmente cruel con eles.

Neste 1 de outubro atípico, sen celebracións, asociacións defensoras das persoas maiores advirten de que a pandemia agravou a discriminación por idade e piden medida que protexan os seus dereitos e a súa dignidade.

Son o pasado, o presente e construíron o noso futuro. Moitos coidados e agarimos para eles, aínda que, de momento, teñan que ser, como lle chaman as avoas, coa careta.

Noticias web

01/10/2020