CRTVG

Buscar

Sen carné, sen cinto, sen seguro, e no control de drogas: positivo en cocaína

Publicado o 24/11/2020 14:06

A Garda Civil de Tráfico deulle o alto na Nacional 525 a un condutor que xa estaban investigando por non ter permiso de conducir, nunca sacou o carné. E aínda así estaba circulando, sen cinto e sen o seguro obrigatorio. Cando lle fixeron o control de drogas deu positivo en cocaína.

Non foi o único, días antes, un particular chamaba a Tráfico para advertir que un camión estaba circulando de xeito irregular pola autovía das Rías Baixas e sen luces, era xa noitiña. Cando a Garda Civil conseguiu interceptalo, descubriron que o condutor non tiña carné de conducir, por agotar os puntos, nin seguro, nin a ITV, nin tarxeta de transportes e tacógrafo en vigor.

Tamén a semana pasada Tráfico interceptou un condutor que percorreu máis de dez kilómetros pola AG-53 en sentido contrario, deu positivo en alcol.

Noticias web

24/11/2020