CRTVG

Buscar

Sen avances na investigación do asasinato do empresario ourensán en México

Publicado o 06/03/2020 14:23
Sen avances na investigación do asasinato do empresario ourensán en México

Polo momento non hai detidos ainda en relación co asasinato de Alberto Fornos, o empresario orixinario de Beariz que faleceu ao recibir varios disparos onte ás portas dun dos seus hoteis no estado de Xalisco, en México.

As forzas de seguridade investigan o sucedido, sen que polo momento se saiban quen está detrás da súa morte nin por que deiciron acabar coa vida deste home de 42 anos, xornalista de formación.

Parte da súa familia reside ainda en Beariz onde agardan que rematen todos os trámites para poder incineralo os seus restos e traelo de novo a Galicia.














 

Noticias web

06/03/2020