Sen afectados na residencia de anciáns de Xove, onde unha traballadora deu positivo en covid
Publicado o 25/07/2020 19:10
En Xove hai tranquilidade pese ao positivo en covid dunha traballadora da residencia de maiores. Nas probas que lles realizaron aos internos e aos empregados todos deron negativo. Trátase dun caso importado e controlado.
O brote de A Mariña conta arestora con 51 casos activos, cinco menos ca onte. Hai tres persoas ingresadas no Hospital da Costa e outras trescentas cincuenta están en corentena na casa. Veciños e visitantes aseguran que non hai medo aos contaxios, se se toman as precaucións. Todos coinciden na necesidade de recuperar a confianza.
Dezasete días estivo illada Burela, a localidade na que se concentraron máis casos de coronavirus. Agora xa está aberta e á espera de recuperar a normalidade.