CRTVG

Buscar

Sen acordo entre Liga, AFE e Federación

Publicado o 07/04/2020 19:17

Xuntanza a tres bandas entre a Liga, Federación e o sindicato de futbolistas AFE para tentar desenredar o caótico final de liga que se presenta esta temporada. A día de hoxe non pensa nunha cancelación do campionato sempre e cando haxa garantías para xogar. A idea é volver aínda que sexa cos estadios vacíos. Na reunión telemática que mantiveron hoxe, AFE comprometeuse a que os futbolistas xoguen cun descanso mínimo de 72 horas. A Federación quere que, polas altas temperaturas do verán, haxa ata 4 descansos para refrescarse. O gran conflito preséntase se a liga máis aló do 30 de xuño. Para a Federación, seguindo as indicacións de FIFA, no habería problema pero AFE avisa, di que un contrato é un dereito laboral e incumprilo supón unha vulneración grave. Tras a xuntanza, a Liga sinalou nun comunicado que non hai acordo de ningún tipo. Nin de xogar cada 72 horas nin dos descansos entre partidos. Que non se acordou nada





 

 

Noticias web

07/04/2020