CRTVG

Buscar

Sen acordo entre empresa e sindicatos para evitar 393 despedimentos de LM Wind Power, no Bierzo

Publicado o 11/08/2021 14:28

Conflito laboral no Bierzo polo despedimento de case 400 traballadores da fábrica eólica da empresa Wind Power. Onte á noite, na última reunión, a empresa aceptou rebaixar os despedimentos en 23 persoas, pero a parte social considérao insuficiente. O comité de empresa pide o compromiso da Junta de Castela e León e do Goberno en defensa dos postos de traballo. 

Acábase o tempo e tamén a paciencia. A última reunión entre a empresa maila parte sindical, volveu rematar sen acordo e así se foron quentando os ánimos nos exteriores do edificio onde se reunían as partes. Houbo lanzamento de pedras, queima de colectores, e sentadas.

A última proposta da empresa é reducir en 23 o número de despedimentos. Xa non serían 393, senón 370. A compañía ofrece tamén recolocar 265 traballadores en Castellón e Francia. O comité de empresa acúsaa de actuar de mala fe. Este xoves remata o prazo para negociar.

Noticias web

11/08/2021