Sen acordo co Reino Unido para pactar a pesca en augas conxuntas

Na Unión Europea seguen os problemas co Reino Unido para pescar conxuntamente nas augas que rodean o continente e ás illas británicas. Este luns, a Comisión Europea chamou os estados membros máis afectados, entre eles España, para informalos das tensións con Londres.
Foron once países en total, nunha teleconferencia de agás unha hora, segundo puidemos saber na Televisión de Galicia, sobre as tensións ao negociar os totais admisibles de capturas nas augas compartidas. Agora mesmo só hai un pacto transitorio ata xullo para pescar o 58 % dos anos anteriores. Un acordo que prexudica a frota galega, que perdeu capturas en pescada, peixe sapo ou meigas. Os británicos están a por difícil pactar as cantidades para a segunda metade do ano.
No encontro virtual estaban España, Francia, Irlanda, Portugal ou Bélxica. As principais potencias pesqueiras europeas e coas maiores flotas nos caladoiros compartidos. Londres esixe agora flexibilidades entre zonas e cambios en cotas que a UE non acepta.
Se para xullo non hai acordo, pescar nas augas compartidas de Escocia, mar Céltico ou Cantábrico será unha loita polas capturas.