CRTVG

Buscar

Sempre é bo momento para a música clásica

Publicado o 07/04/2020 21:56

Aí fóra soa o silencio, pero intramuros a música clásica adquire a súa dimensión. Non fan falta grandes palcos, cómpre sentimento.

Cóntanos Luis, frautista na Real Filharmonía de Galicia, que tamén todas as casas e todos os lugares son musicais. Sempre é un bo momento para achegarnos á música clásica, tamén o confinamento. Contánolo el, que comezou a tocar unha frauta feita polo seu pai cando tiña só oito anos. Cóntanolo despois de tocar en todo o mundo e despois de transmitir a súa paixón a Lucas e a Cecilia, os seus fillos.

Achegarse á música clásica é espertar o interese por recibir emocións. Tanto para tocala como para escoitala. Isto ocorre desde hai séculos, insiste o frautista da Real Filharmonía de Galicia; a corentena só nos dá a oportunidade de gozar máis tempo dela.

Esperan este e outros músicos que a crise sanitaria non lles impida volver subir a grandes ou pequenos palcos, para que de novo a música viaxe por todo o mundo.





 

Noticias web

07/04/2020