CRTVG

Buscar

Semifinais de Copa: Sevilla-Barça e Athlétic-Levante

Publicado o 05/02/2021 19:10

Hoxe houbo sorteo das semifinais Copa do Rei que se xogarán a dobre partido, ida e volta. Os emparellamentos son os seguintes: Sevilla-Barcelona, a ida no Sánchez Pizjuán, o mércores 10. E Athletic Club-Levante, o xoves 11 en San Mamés.

Os partidos de volta disputaranse os días tres e catro de marzo, no Camp Nou e no Cidade de Valencia. A final desta edición, o dezasete de abril, terá lugar no estadio La Cartuja, como a final do 2020, que se celebra dúas semanas antes.

Noticias web

05/02/2021