CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Sementan patacas para repartir a colleita entre os máis necesitados

Publicado o 30/04/2016 21:32

Iniciativa solidaria en Lugo.
Membros dunha parroquia preparan a terra para sementar patacas que logo repartirán entre a xente que máis o precise.
Realízase desde hai catro anos e os promotores confían en que o exemplo cale entre a poboación.

Están sementando patacas para logo repartir a colleita entre os que máis o necesitan. A iniciativa desenvólvese coa idea de axudar ás persoas que non teñen nin para comer.

"Faise para axudar á xente. Somos voluntarios de Cáritas. Botamos as patacas, despois as recollemos e se lles da á xente que o necesita".
"A única finalidade que ten é axudar a quen o necesita. A distribución, cando se fai a colleita alá no mes de agosto ou setembro convócase á xente á que axudamos habitualmente e repartimos as patacas", comenta o párroco Alberto Leiva.

Creada ó abeiro da parroquia lucense de San Antonio serve para medir a solidariedade e tamén para implicar a todos no proxecto.

"Esto xera unidade, parroquia, a xente síntese útil e a colaboración é moi importante. Creo que temos que aprender todos un pouco de eso. A veces tamén hai que mirar para a xente máis desfavorecida".
"Incorporar á xente nun sistema, cooperar, participar".
"É unha iniciativa boa máis que nada para que eles colaboren un pouco e sepan que as cousas costan traballo, que non nacen soas".
"É moi gratificante descubrir que cando se ten unha iniciativa deste tipo a xente realmente cre no que se fai e arriman o ombreiro", expresa o párroco de San Antonio.

A iniciativa desenvólvese desde hai catro anos nunha parcela cedida polo seu dono á parroquia, e coa colaboración doutros doantes que achegan a maquinaria, o abono e a semente. Os promotores confían en que o exemplo se espalle e se poda sacar rendemento de leiras que non se cultivan. Din ademais que se podería ensinar a traballar a terra, crear emprego e facilitar o acceso aos alimentos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí