Semana Santa atípica en Viveiro con exposición das imaxes que non procesionan
Mari Carmen amósanos os grupos escultóricos que se exhiben no claustro do convento de San Francisco. Aquí está o do bico de Xudas, da irmandade do prendemento; aquí o da Esperanza, da irmandade de mulleres da Santa Cruz.
Carmen explícanos o que ten de diferente a Semana Santa de Viveiro.
Entramos na sala de imaxes da Venerable Orde Terceira. Chama a nosa atención este Cristo articulado do século XV; un Cristo que cando vai en procesión cae, érguese e abrázase coa súa nai.
Á beira deste grupo está outro da Santa Cea, no que, a principios do século XX, un escultor de San Cibrao retratou os seus veciños mariñeiros.
Cada figura ten o seu aquel, unha intrahistoria que os viveirenses vive ncon paixón.
Confían en que para o ano tamén procesione o grupo escultórico das sete palabras, o calvario. Para movelo necesítanse máis de cen homes e é tal o fervor que ten aquí a Semana Santa que sempre sobran voluntarios.