CRTVG

Buscar

Alcoa busca que Parter ofreza garantías de pago para autorizar a operación

Publicado o 01/07/2019 15:24

Nova reunión hoxe en Madrid, baixo a supervisión do Ministerio de Traballo, para buscar unha solución altertativa ao peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. Tras a decisión da multinacional de paralizar por sorpresa o proceso de venda o pasado venres, os sindicatos acusan a Alcoa de querer efectuar xa os despedimentos para vender despois as fábricas sen cargas laborais. 

A tensión, máxima, entre os representantes dos traballadores e a directiva da multinacional esixiu o venres da mediación do Secretario de Estado de Industria en funcións. Alcoa, por sorpresa, daba por zanxadas as negociacións con Parter. Despois de anunciar que a venda estaba pechaba, bótabase atrás alegando falta de garantían financeiras, como xa fixera con outra das aspirantes, Quantum Capital. Alcoa esixiu o requisito dun depósito de máis de 26 millóns de euros que en Parter consideraron imposible de cumprir en 24 horas.

Xoán Ramón Paseiro, membro do Comité de empresa, afirma que "Alcoa segue a enganar. Cando se achega un posible solución para traballadores e para a industria da Coruña e de Avilés pois Alcoa volve ao inicio. Pero o goberno si que ten que estar moi por riba do proceso porque si que lle quedou moi claro como actúa esta multinacional".

O contido das negociacións é segredo pero os traballadores van hoxe a Madrid coa intención de escoitar as explicacións de Parter, despois de que o goberno forzase unha prórroga dunha semana para as negociacións que, de fallar de novo, poderían conducir ao despedimento de case 700 traballadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019