CRTVG

Buscar

Semana de sol e altas temperaturas pero aviso laranxa por mar de fondo

Publicado o 16/04/2018 15:25

O sol empeza a asomar timidamente, entre os últimos nubeiros, nunha xornada de transición que, segundo Meteogalicia, dará paso ao tan esperado anticiclón.Un cambio de tendencia na atmosfera que se ha notar, sobre todo, nas temperaturas. Preto dos trinta graos chegarán os termómetros entre o mércores e o xoves en Ourense; por riba dos 25 na maior parte de Galicia.

Se entre marzo e o que levamos de abril só houbo en Galicia 5 días sen chuvia, por fin agárdanos unha semana solleira, pero con algún risco de treboada.A nota discordante está na costa atlántica. Hai aviso amarelo por mar de fondo que pasará a laranxa mañá a partir das tres, así que moito ollo con irse refrescar á praia.

O sol empeza a asomar timidamente, entre os últimos nubeiros, nunha xornada de transición que, segundo Meteogalicia, dará paso ao tan esperado anticiclón. A nota discordante está na costa atlántica. Hai aviso amarelo por mar de fondo que pasará a laranxa mañá a partir das tres, así que moito ollo con irse refrescar á praia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018