CRTVG

Buscar

Semana de concertos na catedral de Tui

Publicado o 05/08/2021 22:41

A catedral de Tui sempre convida a entrar, pero esta semana máis. A calquera hora o visitante pode sorprenderse cos ensaios dalgún dos profesionais que participan nas estancias que ofrecen aquí facilitar o acceso de organistas de todo o mundo ao valioso arquivo musical da catedral.

Ademais dos ensaios, ofrecen tamén concertos no marco da edición número quince do Festival Música no Claustro. A sonoridade que da este marco é especialmente valorada polos que actúan aquí.

Nesta edición o Festival inclue ademais un encontro entre músicos e luthiers no Foro Profesional de Instrumentos Musicales, un evento que tenta resaltar o prestixio dos artesáns musicais de Galicia.

Músicos de toda Europa dan fe da boa man dos artesáns galegos e algunhas dos seus instrumentos resoarán estes días entre os arcos medievais desta catedral de Tui.

Noticias web

05/08/2021