CRTVG

Buscar

Galicia comeza unha semana marcada pola calor e altas temperaturas con avisos

Publicado o 22/08/2021 21:50

A estas alturas do calendario podemos dicir que a partir do luns chega a Galicia unha semana de auténtico verán sobre todo no sur.

Pontevedra e Ourense rexistrarán os termómetros máis altos, con temperaturas que pasarán dos 35 graos, pero o peor chegará a partir da noite. E tocaralle precisamente á cidade de Vigo, que terá noites tropicais con mínimas que non baixarán dos 21 graos.

Unha situación que estará axudada polo vento cálido, que obrigará a activar varios avisos amarelos: por calor nas Rías Baixas e na conca do Miño, e por vento na zona norte da Coruña.

Noticias web

22/08/2021