CRTVG

Buscar

Semana clave para tres casos de violencia sobre a muller que conmocionaron Galicia

Publicado o 08/12/2019 13:28
Semana clave para tres casos de violencia sobre a muller que conmocionaron Galicia

O destino fai que na próxima semana coincidan en Galicia a tramitación de tres casos relacionados coa violencia sobre a muller. 

En Santiago está previsto que o xuíz encargado do caso Diana Quer emita a sentenza sobre José Enrique Abuín, declarado culpable de privación de liberdade, agresión sexual e asasinato da moza, que se enfronta á pena de pisión permanente revisable.

En Vigo comeza o xuízo contra o compañeiro de traballo que presuntamente asasinou a Ana Enjamio despois dunha cea de empresa, do que fai tres anos o próximo día 16 de decembro. O ministerio público sostén que, tras romper a relación que mantiña, acoitelouna á entrada da súa casa.

En Tui van declarar seis testemuñas, tres delas nunca foran convocadas, para esclarecer o caso da desaparición e posterior morte de Déborah Fernández, dezaoito anos despois do suceso.