CRTVG

Buscar

Selada unha Primitiva de 813.669 € en Noia

Publicado o 11/11/2019 13:43

Este punto de venda de lotaría de Noia rebordaba de clientes pola mañá. Aquí selouse un boleto da Primitiva que resultou premiado o xoves con algo máis de oitocentos mil euros. Foron oito apostas, só para o sorteo do xoves, e cubertas á man.

Do gañador ou gañadores non se sabe nada.

"Vai ser que nada. Que o gocen", di un señor. "A sorte nada, pero hai que intentar. Temos que xogar uns para que gañen outros", di unha señora.

A dona do despacho de lotaría está feliz. Aínda que o afortunado non se presentou, María José Petisco cre que o máis probable é que sexa alguén de Noia ou da comarca: "Feliz. Parabéns aos afortunados, que nunca sei quen son, nunca pasan por aquí, pero moi feliz, encantada".

No mes de abril validou un boleto de Bonoloto tamén de oitocentos mil euros, un premio importante pero nada comparable co do Euromillóns que selou en 2014, premiado con 65 millóns de euros.

 

Noticias web

11/11/2019