CRTVG

Buscar

Implicados seis vehículos nun aparatoso accidente en Cambados

Publicado o 09/10/2021 14:31

Ata seis vehículos se viron implicados nun accidente esta mañá en Cambados. Foi un sinistro moi aparatoso pero saldouse sen persoas feridas. Catro dos vehículos estaban estacionados e un levou a peor parte ao quedar encaixado entre un muro e o camión que se foi da vía. Ocorreu nunha das estradas de acceso ao núcleo urbano da vila. Por sorte, non había ninguén no interior.

O outro coche implicado deuse á fuga e foi localizado pouco despois pola Policía Local. Ao parecer, ese vehículo fixo un adiantamento incorrecto e bateu co camión, que acabou chocando cos coches estacionados e levou por diante un muro e un poste da luz.

O xulgado xa investiga o accidente. A estrada, a avenida de Castrelo, estivo cortada durante seis horas. 

Noticias web

09/10/2021