CRTVG

Buscar

Seis turistas franceses, o seu guía e o condutor, asasinados a tiros en Níxer

Publicado o 09/08/2020 18:04
Seis turistas franceses, o seu guía e o condutor, asasinados a tiros en Níxer

Dous homes que ían nunha moto dispararon contra o grupo de turistas que realizaba un safari na zona de Kouré, onde vive o último grupo de xirafas de África do Oeste. Francia desaconsella os seus cidadáns viaxar a Níxer pola amenaza terrorista neste país africano, sobre todo en zonas lonxe da capital e próximas ás fronteiras.

Sete das vítimaas morreron por disparos e unha muller, que nun primeiro momento logrou fuxir, capturárona e degolárona. A zona do ataque está a unha hora de camiño de Niamey, a capital do país. Descoñécese a identidade das vítimas e ningún grupo reivindicou a acción, aínda que o ataque presenta semellanzas cos perpetrados por grupos xihadistas no Sahel contra cidadáns occidentais.

O vehículo alugado polos turistas franceses pertence á ONG Acted.