CRTVG

Buscar

Seis dos radares da DXT que máis multan están en estradas galegas

Publicado o 05/02/2020 20:30

O radar fixo da Nacional 550, situado á altura dos Valos en Redondela, figura na listaxe dos cincuenta que máis multan en España. Así o reflite o último informe divulgado pola Asociación de automobilistas Europeos. Este radar notificou máis de dezaseismil multas ao longo de 2019.

Os outros cinco radares fixos da DXT que detectan máis excesos de velocidade nas estradas galegas están na nacional-640 ao seu paso por Vilagarcía, na AC-550 no concello coruñés de Cee, no quilómetro 561 da autovía A-6 en sentido A Coruña e no punto quilométrico 26,5 da AP-9, tamén en sentido A Coruña.

Por último o radar da estrada LU-221 no concello de Palas de Rei e outro dos que máis exesos de velocidade detecta. Segundo o informe, en España, os radares que máis multan están situados en Andalucía e en Madrid. Os que menos na Rioxa e en Navarra.

Noticias web

05/02/2020