CRTVG

Buscar

Seis positivos no Obradoiro obrigan a adiar o partido co Estudiantes

Publicado o 30/12/2020 12:54
Seis positivos no Obradoiro obrigan a adiar o partido co Estudiantes

Onte pola mañá saltaba o primeiro positivo no conxunto do Obradoiro. Pola tarde realizáronse as PCR a todo o cadro de persoal (xogadores, corpo técnico) e detectáronse cinco casos máis.

De xeito inmediato decretouse o adiamento do partido que esta fin de semana tiña que xogar contra o Estudiantes, que pasa ao xoves 21 de xaneiro.