CRTVG

Buscar

Galicia non rexistra novas mortes con coronavirus pese ao leve aumento de contaxios

Publicado o 18/06/2020 21:09

 Hai seis pacientes hospitalizados dos 343 casos activos

Galicia non rexistra novas mortes con coronavirus pese ao leve aumento de contaxios

Galicia suma oito días consecutivos sen mortes por coronavirus. Ao non rexistrar falecidos durante a xornada deste xoves, o total mantense en 619.

Porén, a Dirección Xeral de Saúde Pública rexistrou nas últimas 24 horas un leve incremento de contaxios activos de coronavirus en Galicia, con dous casos máis, o que sitúa a cifra total de afectados en 343.

Baixou nunha persoa o número de hospitalizados, co que xa só permanecen ingresados seis pacientes, ningún deles en UCI. Houbo tres novas altas, que sitúan a cifra total de recuperacións en 10.506 persoas.

Por áreas sanitarias, a distribución dos casos activos é a seguinte:

• Vigo: 141 (=).

• A Coruña: 109 (=).

• Santiago: 31 (+1).

• Lugo: 18 (+1).

• Ferrol: 12 (=).

• Pontevedra: 7 (=).

O número de PCR realizadas é de 162.562.