CRTVG

Buscar

Seis orquestras e seis vilas entregadas para que regresen as verbenas a Galicia

Publicado o 20/06/2021 14:35

Cada unha das seis verbenas que conformaban esta experiencia piloto tiñan o mesmo deseño. Entrada con reserva, localidades limitadas, ata 1.000 persoas, división das pistas de baile en cuadrículas con seis persoas por parcela, distancia de seguridade, máscara obrigatoria e a prohibición de beber, comer e fumar.

Los Satélites, Costa Dorada, Marbella, Ocaband, Cinema e Principal compartiron a esperanza de recuperar o traballo, a súa arte, o seu sustento despois de quince meses na escuridade da pandemia.

E fronte á música, eles, os festeiros de Arteixo, Noia, Marín, Tomiño, O Carballiño e Mondoñedo.

Pois así sexa, por un verán con verbenas seguras para todos e rendibles para un sector que di estar afundido.

Noticias web

20/06/2021