CRTVG

Buscar

Seis novas festas súmanse á lista das de Interese Turístico

Publicado o 28/02/2020 16:44

O traballo dos veciños que organizan festas e romarías vese recompensado agora co recoñecemento de festas de interese turístico. Dende este venres hai seis máis en Galicia.

O que hoxe é un referente dos festivais de música tradicional que se celebran en Galicia, empezou polo empeño dun grupo de veciños de Zas.

37 anos despois a Festa da Carballeira de Zas recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego. Tamén entran nesa categoría este ano a Festa da Vendima de Leiro ou a dos Fachós de Castro Caldelas.

Tras a Feira da Tenreira Galega de Láncara ou das singulares romarías do Corpiño ou Santa Marta de Ribarteme hai tamén unha chea de traballo voluntario que a partir de agora contará co apoio que supón a mención de interese oficial a nivel autonómico. Isto é, ademais, un requisito previo para aspirar á declaración de Interese Nacional que moitos teñen xa como obxectivo para facer que estes eventos teñan aínda maior repercusión da que xa teñen como reclamo turístico.

Noticias web

28/02/2020