CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Seis moteiros chegan a Galicia abanderando o consumo de cervexa sen alcol para os desprazamentos deste verán

Publicado o 11/07/2018 21:24


A cervexa e a condución non son incompatibles sempre e cando, claro, a cervexa sexa sen alcol. Con esta mensaxe seis moteiros percorren España abadeirando a cervexa SEN como opción responsable para os desprazamentos ao longo destes meses de verán.



Levan ás súas costas centos de milleiros de quilómetros percorridos e coñecen ben o drama que se agocha detrás de mesturar alcol e condución. Por iso percorren ao longo dun mes o país abandeirando a cervexa sen alcol como opción responsable.

Segundo a DXT, as campañas de concienciación coma esta están a axudar e moito na mellora dos datos. Están a diminuír o número de positivos por inxesta de alcol nas estradas.

Hoxe foron recibidos en Ourense e aplaudidos por mobilizarse a prol da concienciación en seguridade vial.

España é o primeiro país produtor e consumidor de cervexa sen alcol da Unión Europea.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/07/2018