CRTVG

Buscar

Seis moteiros abandeiran a cervexa sen alcol como opción nas estradas

Publicado o 11/07/2018 21:24

A cervexa e a condución non son incompatibles sempre e cando, claro, a cervexa sexa sen alcol. Con esta mensaxe seis moteiros percorren España abadeirando a cervexa sen como opción responsable para os desprazamentos ao longo destes meses de verán.

Levan ás súas costas centos de milleiros de quilómetros percorridos e coñecen ben o drama que se agocha detrás de mesturar alcol e condución. Por iso, percorren ao longo dun mes o país abandeirando a cervexa sen alcol como opción responsable.

Segundo a DXT, as campañas de concienciación coma esta están a axudar e moito na mellora dos datos. Están a diminuír o número de positivos por inxesta de alcol nas estradas.
Hoxe foron recibidos en Ourense e aplaudidos por mobilizarse a prol da concienciación en seguridade vial.

España é o primeiro país produtor e consumidor de cervexa sen alcol da Unión Europea.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018